Récord de participación na IV Andaina Solidaria Agadea-Alzheimer de Ribeira

25/8/2019

Máis de 300 persoas participaron o pasado sábado 23 de agosto na IV Andaina Agadea-Alzheimer de Ribeira organizada dende o Centro de día de Ribeira e que ten como obxectivo visibilizar o Alzheimer. Foi unha xornada na que se uniu o deporte coa solidariedade e o bo humor. Un divertido fotocol realizado con moito cariño polo usuarios centrou a atención dos participantes xunto coa a música que acompañou o percorrido de dez quilómetros.

Todas as persoas que tomaron a saída recibiron unha camiseta e unha pulseira conmemorativa e como broche final realizouse un sorteo de agasallos doados polos colaboradores. Este ano a organización viuse obrigada a ampliar o número de prazas debido á gran demanda existente e que proba o compromiso que a cidadanía de Ribeira sinte pola nosa entidade e a nosa causa. 

Foto de Marco Creo.

Máis información na nosas redes sociais: Facebook e Twitter. Tamén en La Voz de Galicia

Imaxes

  • Récord de participación na IV Andaina Solidaria Agadea-Alzheimer de Ribeira

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar