Preto de 350 estudantes asisten á conferencia sobre Alzheimer do neurocientífico Carlos Spuch

22/10/2019

Máis de 350 estudiantes de Galicia se diron cita esta mañá en Santiago para asistir á conferencia do neurocientífico Carlos Spuch na que achegou aos máis novos a realidade das demencias: que son, por que se producen e en que fase está a investigación na actualidade. 

Este só é o primeiro paso dun programa moito máis amplo que inclúe sensibilización nas aulas e unha visita a un centro de Alzheimer.

O auditorio estaba formado por rapaces e profesores de oito centros de Galicia e que amosaron unha gran implicación e interese polo tema.

O número máis numeroso procedeu da rama sanitaria do Centro de Formación Profesional de Fesan, de Santiago de Compostela, asistindo ata 90 mozos/as. O resto repartiuse entre os rapaces e profesores do mesmo Colexio La Salle, onde se celebrou a conferencia e os chegados do IES Lamas de Abade de Santiago, IES Marco de Camballón de Vila de Cruces, IES Agra de Raíces Cee, IES Felix Muriel de Rianxo, IES de Valga e IES Arzúa.

Esta iniciativa está enmarcado dentro dos Talleres #DIVULGAMENTEdo Proxecto Rede Paraugas 4.0 e está organizada pola Fundación Barrie, a Federación Alzhéimer Galicia e Agadea. 

Agora continuará o ciclo de conferencias polo resto de Galicia. 

Imaxes

  • Preto de 350 estudantes asisten á conferencia sobre Alzheimer do neurocientífico Carlos Spuch

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar