Persoas con alteracións condutuais graves poden saír á rúa excepcionalmente

20/3/2020

O Ministerio de Sanidade dita unha instrución que permite ás persoas con alteracións condutuais a saír á rúa acompañadas mentres dure o estado de alarma, respectando sempre as condicións e medidas impostas.

Artigo 7, apartado ‘g’: pódese non cumprir a corentena “por causa de forza maior ou situación de necesidade”

Esta Instrución foi publicada no BOE núm. 76, do 20 de marzo de 2020 e habilita explicitamente “ás persoas con discapacidade, que teñan alteracións condutuais, por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un acompañante, a circular polas vías de uso público, a condición de que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio".

Recoméndase levar algún documento que acredite dita situación e en todo caso débese utilizar esta medida de flexibilidade normativa como excepcionalidade para saír unicamente no caso de que existan alteracións condutuais graves, cando sexa absolutamente imprescindible, e non exista outra alternativa e sempre que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio. 

 


 


 

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar