O Centro de Día de Ribeira reuniu onte a persoas usuarias, familiares, coidadores e autoridades para celebrar o seu VIII Aniversario. Foi unha xornada espléndida e na que o noso centro luciu fermoso grazas a decoración elaborada polas persoas usuarias.  O evento estivo amenizado pola cantante de Ribeira, Mariú Bello e entre outros acompañounos,  a presidenta de Agadea, Isabel Gey, Manuel Ruíz, alcalde de Ribeira, Mariola Sampedro, do Gabinete da alcaldía de Ribeira ,  Esther Patiño, concelleira de Servizos Sociais de Ribeira e Magdalena Pérez, concelleira de Servizos Sociais de Porto do Son.