Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'

18/12/2019

Baixo o nome ‘Escaparates Solidarios’, un total de 53 comercios de cinco concellos galegos nos que Agadea ten presenza, Santiago, Ribeira, Boiro, A Estrada e Vedra, colocaron nos seus escaparates as manualidades realizadas por usuarios da entidade. Tamén participaron os concellos de Ribeira, Vedra e Boiro.

Estes elementos decorativos foron confeccionados nos talleres de Laborterapia e son froito dun laborioso traballo das persoas maiores que forman parte de Agadea. A través da Laborterapia conséguense distintos obxectivos, tanto a nivel físico como funcional xa que se estimulan aspectos como a mobilidade e a atención, a orientación e a memoria.

Os comercios locais que participan nesta iniciativa de sensibilización recibiron gratuitamente tres árbores de Nadal para os seus escaparates e 25 estrelas, (confeccionáronse máis de 600) para regalar aos seus clientes. En total foron 53 establecementos: en Ribeira 20, en Santiago 11, na Estrada 16 e Vedra 3 e Boiro 3.

Na Estrada: Electrodomésticos Rey, Carlin, Regaliz Calzados, Dona Formiguinha, Lugar del Vino, Beep, Perruquería Salón de Beleza Raquel Paseiro, Óptica Nova Visión, Ana Belén Moda Infantil, Gilcolor, Código Digital, ACOE, Comercial Bastos, Centró Óptico A Estrada, Pícolo Clothing Kids, Librería Durán

En Vedra:  Libería Avenida, Mercería Nieves e  Supermercado García García. Tamén o concello e o centro da Terceira Idade.

En Boiro: Farmacia Cimadevila, Ecosport Clinical Stort Center e tamén o concello e o Centro de Día de Maiores. 

En Ribeira: Initel Informática, Trastiños Puericultura, Carnicería Maruja, General Óptica, Xade, Príncipes y princesas, Gena`s, Fábrica de Ideas, Supermercados Covirán de Aguiño, Pillados, Dominga, Calzado Horacio, Miradoiro Ópticos, Mandrágora, Folder, Bar a Recoveira, Bodegón Castelao, Os nenos e Arousa Neo, Ondas, Greco e Cukos. Tamén se sumou á campaña o concello de Ribeira

 

Imaxes

  • Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'
  • Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'
  • Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'
  • Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'
  • Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'
  • Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'
  • Medio cento de comercios súmanse á campaña 'Escaparates Solidarios'

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar