IV ANDAINA SOLIDARIA AGADEA ALZHÉIMER RIBEIRA

23/8/2019

Comprácenos presentarlles a 4ª Andaina Solidaria co Alzhéimer, na súa cuarta edición. Andaina que dende AGADEA e Arousa Neo estamos a organizar con especial ilusión e agarimo, con esperanzas de acadar un éxito de participación semellante ao obtido nas pasadas edicións. Dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, esta andaina transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado do Concello de Ribeira.

DADO O GRANDE ÉXITO E ACOLLIDA, VOLTAMOS A POR EN MARCHA ESTA INICIATIVA QUE NACE DA NECESIDADE DE LOGRAR UNHA MAIOR CONCIENCIACIÓN SOCIAL SOBRE A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.

TRATANDO DE FACER VISIBLES Á POBOACIÓN AS NECESIDADES E DIFICULTADES QUE PRESENTAN AS PERSOAS CON ESTA PATOLOXÍA.

FOMENTAR CONDUTAS MÁIS TOLERANTES E SENSIBILIZAR SOBRE A SITUACIÓN QUE XERA A ENFERMIDADE NA CONTORNA FAMILIAR.

INFORMACIÓN TÉCNICA:

Día: 23 de agosto de 2019

Hora: 21:00h.

Saída e chegada: Parque García Bayón no Concello de Ribeira.

 

Información:

  • AGADEA
  • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira - AGADEA.

 

Inscricións:

  • On line:  https://bit.ly/2LtzajU 
  • WhatsApp: 672,705,053
  • Presenciais:
    • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira.
    • Sede de AGADEA en Santiago de Compostela.

Información: 672,705,053 ou na web: www.agadea.org

Distancia: 10km

Dificultade: media – baixa.

Custe da inscrición: 5€

Data límite de inscrición: Mércores 21 de Agosto de 2019.

Cota máxima de inscricións: 250 participantes. Unha vez acadada a cota informarase do peche das mesmas.

 

Imaxes

  • IV ANDAINA SOLIDARIA AGADEA ALZHÉIMER RIBEIRA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar