GALA SOLIDARIA 25 ANIVERSARIO DE AGADEA ALZHEIMER

2/9/2019

O 21 de setembro, coincidindo co Día Mundial do Alzhéimer, Agadea celebra o seu 25 aniversario. Nesta data tan significativa a entidade quere invitar as persoas usuarias,  as súas familias, aos cuidadores, traballadores e a sociedade civil a compartir unha tarde de festa.

A gala vaise celebrar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela ás 20.30 horas. A ela tamén asistirán autoridades da Xunta e das distintas corporacións municipais nas que Agadea ten presencia, como son Santiago, Ribeira, A Estrada, Vedra e Teo e entidades sociais.

Entre as actuacións previstas está a do cantautor galego Emilio Rúa, o grupo musical Son Trío e a escritoria Ángela Gracián, que recitará poesía. Unha das partes máis emotivas será a dos recoñecementos, entre outros,  a ‘Toda unha vida’,  a voluntarios/as e a grupos que traballan polo benestar das persoas maiores.

Tamén se estreará o corto ’25 anos’ que fai un respaso pola historia de Agadea, unha das primeiras asociación que se formaron en Galicia de apoio as persoas con Alzheimer. Este corto recolle testemuños de persoas con demencia e dos seus coidadores, a maioría deles, as súas fillas/os.  Asemesmo está plasmada a opinión dos profesionais de Agadea e da presidenta da entidade, Isabel Gey, quen nos falará dos plans de futuro.

Pódese recoller a entrada en calquera dos centros que Agadea ten en Santiago, A Estrada, Ribeira, Vedra e Teo.

A entrada a gala ten un custo de 10 € que se adicarán a actividades da entidade.

Data límite para comprar a entrada: 19 de setembro.

Animámosvos a seguir camiñando ao noso lado y a compartir con nós esta xornada tan especial!!

Máis información: comunicacion@agadea.org / T. 981 59 57 38

 

Artistas invitadas/os:

Son Trío

Son Trío é un grupo feminino vigués que une tres mulleres con unha experiencia artística moi ampla. Está formado por Katerina Linke (piano, composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (violonchelo) e o seu proxecto "Miña Almiña" baseado nas letras de Rosalia de Castro tivo unha estupende acollida. As cancións son íntimas, expresivas, románticas, con harmonías ricas e un toque de ‘jazz’.  A súa proposta musical é diferente, destacada pola orixinalidade, a instrumentación, o alto nivel interpretativo e a sensibilidade.

Escoita AQUÍ  a Son Trío 

Emilio Rúa

 Emilio Rúa, natural de Ventas de la Barreira (Ourense 1976) dedicouse á música dende os sete anos e ten unha ampla traxectoria profesional como intérprete e compositor. Só ou acompañado pola súa banda, levou música galega a múltiples lugares de Galicia e España, pero tamén a cidades como Londres, Manchester, São Paulo ou Bos Aires.

Escoita AQUÍ a Emilio Rúa: 

Ángela Gracián

Ánxela Rodríguez Rodríguez, coñecida polo seu pseudónimo artístico Ánxela Gracián é unha escritora, tradutora, crítica literaria e animadora cultural. Autor de literatura infantil e xuvenil, Ángela Gracián recitará poemas durante a gala.

 

 

Imaxes

  • GALA SOLIDARIA 25 ANIVERSARIO DE AGADEA ALZHEIMER

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar