V edición. 2025

CURSO SUPERIOR DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS

Parte Teórica do 28 de abril ao 25 xuño de 2025

150 horas teóricas
120 prácticas nos centros de AGADEA

Prezo 200€

150 para socios/as de AGADEA, estudantes, persoal en prácticas e persoas en situación de desemprego.

Inscrición

Con este curso lograrás desempeñar a túa profesión con todos os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para que o teu labor alcance a excelencia profesional. Obterás os fundamentos para realizar o teu labor coas bases científicas necesarias e as prácticas imprescindibles nunha entidade con 30 anos de experiencia.

  • Sesións teóricas en liña e a través de zoom
  • Prácticas garantidas
  • Profesores expertos

 

Curso incluído na Carteira de Servizos baixo ou epígrafe ‘0201 Carteira de servizos para persoas dependentes con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas’: Todos os perfis profesionais identificados nesta carteira de servizos sociais para persoas con Alzhéimer e outras demencias deben ter unha formación mínima de 150 horas.

 

Este curso conta coa certificación de Curso de Interese Sanitario, outorgado pola Xunta de Galicia (resolución Nº de expediente:  SA301A 2025/1-1)


    • Adquirir as ferramentas precisas para facer fronte aos coidados específicos das persoas que padecen a enfermidade de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
    • Cualificar na abordaxe multidisciplinar do diagnóstico e tratamento das demencias nos diferentes niveis asistenciais.

     

    Cando unha persoa asume a responsabilidade de coidar a un enfermo gran dependente enfróntase a unha tarefa que non é doada. Para facela máis fácil é necesario adquirir a formación específica que permita artellar as respostas axeitadas en cada intre, tanto no eido dos coidados formais como informais.

     

    Ao finalizar o curso o alumno será capaz de:

    • Coñecer en profundidade e todo o que implica a enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
    • Valorar e aplicar os aspectos máis beneficiosos para que as persoas con esta doenza manteña unha boa calidade de vida a nivel físico e emocional
    • Axudar a preservar a saúde e o coidado das persoas con Alzhéimer.
    • Desenvolver o amplo abanico de tarefas que poderá levar cabo como coidador profesional.

Está dirixido a profesionais, estudantes do sector sociosanitario e coidadores/as.

PARTE TEÓRICA

Do 28 de abril ao 25 de xuño de 2025

A parte teórica é ON-LINE, a través da plataforma de e-learning MOODLE instalada na web de AGADEA www.agadea.org, na pestaña de FORMACIÓN.

O día do inicio do curso o alumnado recibirá vía e-mail as claves para ter acceso á plataforma.

O temario está formado por 8 módulos. Cada módulo ten unha duración dunha semana. Un día á semana haberá unha clase por zoom. O  alumnado poderá contactar co profesor mediante zoom, polo foro-chat da plataforma ou consultar dúbidas no mail: formacion@agadea.org

Os venres resolverase un caso práctico e deberá entregarse o exame da unidade.

 

PARTE PRÁCTICA

O curso ten 120 horas prácticas que son opcionais para aquelas persoas sen  dispoñibilidade horaria por estar empregadas xa que o curso é a distancia. (deberán xustificalo)

As prácticas pódense realizar nas diferentes localizacións onde a asociación exerce a súa actividade (Santiago de Compostela, Ribeira e A Estrada, Vedra, Trazo, Aguiño, Boiro, Cuntis ou Teo).

A data das horas prácticas determinarase segundo a dispoñibilidade de Agadea e do alumnado

MÓDULO I. INTRODUCIÓN Á ENFERMIDADE DO ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS   NEURODEXENERATIVAS.

Adquirir aqueles coñecementos que se precisan acerca do Alzhéimer e das diferentes  tipoloxías de demencias existentes.

 

MÓDULO II. A FAMILIA E A PERSOA COIDADORA DE PERSOAS COA ENFERMIDADE DE  ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS.

Desenvolver no alumnado os coñecementos necesarios acerca do rol que desempeñan as familias sobre as persoas que padecen a enfermidade do Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como as aptitudes e comportamentos de apoio moral ao coidador/a principal  e coñecer o seu perfil.

 

MÓDULO III. ESTIMULACIÓN COGNITIVA NA ENFERMIDADE DE ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS.

Adquirir os coñecementos necesarios sobre a conceptualización da estimulación cognitiva así como as estratexias que a conforman. Profundización en recomendacións metodolóxicas para desenvolvela.

 

MÓDULO IV. CAMBIOS NA LINGUAXE E ADAPTACIÓN DA COMUNICACIÓN NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS.

Adquirir os coñecementos necesarios sobre a comunicación e os seus procesos así como comprender como se desenvolve a comunicación nos enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e desenvolver estratexias para a súa mellora.

 

MÓDULO V. INTERVENCIÓN DA TERAPIA OCUPACIONAL CON PERSOAS CON ENFERMIDADE DE ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS.

Adquirir os coñecementos precisos acerca do rol do terapeuta ocupacional, desenvolver aptitudes precisas sobre a función a desempeñar na intervención con persoas coa Enfermidade de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

 

MÓDULO VI. APLICACIÓNS PRÁCTICAS DE FISIOTERAPIA NA ENFERMIDADE DE ALZHÉIMER E NOUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS.

Adquirir os coñecementos precisos acerca dos cambios físicos na idade anciá así como as alteracións físicas en enfermos de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas; Adquirir as competencias básicas sobre persoas con déficit de mobilidade .

 

MÓDULO VII SAÚDE AFECTIVO SEXUAL NOS ADULTOS MAIORES E NA ENFERMIDADE DE ALZHEMER. O PROCESO DE DÓ.

Coñecer as necesidades afectivas e os prexuízos sexuais existentes na vellez así como as condutas sexuais nas persoas enfermas de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e o modo de intervir.

 

MÓDULO VIII ASPECTOS SOCIAIS NO MUNDO DA ENFERMIDADE DE ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS.

Adquirir os coñecementos necesarios no marco socioeconómico e legal da enfermidade do Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e a súa contextualización

  • Docente: Taida Sánchez Rego. Graduada en Psicoloxía. Neuropsicóloga.
  • Docente: Dna. Alba Iglesias. Graduada en Psicoloxía. Especializada en Psicoxerontoloxía
  • Docente: Vanesa Tubío Tubío . Graduada en Terapia Ocupacional
  • Docente: Dna. Adriana Curros Amboage. Diplomada en Fisoterapia
  • Docente: Dna. Lucía Fandiño Viqueira. Diplomada en Traballo Social.. Especializada en xerontoloxía.
  • Docente: Sonia Castro Aboy. Graduada en Traballo Social

Unha vez realizado e superados o exame entrégase un certificado expedido pola AGADEA ALZHEIMER.

CURSO COMPLETO 200 €

PREZO REDUCIDO: 150€ para socios/as de Agadea, persoas en desemprego, ERTE, estudantes e alumnado en prácticas. (deberán enviar xustificante)

Opcións de pago: pago único antes do comezo do curso, o 13 de febreiro.

  • Podes pagar por TRANSFERENCIA. Nº de conta: ES07 2080 0378 5730 4000 5297

No concepto do ingreso debes indicar o teu nome con apelidos e a continuación “ Curso Superior” (exemplo María Castro Curso Superior)

E mandar xustificante a formacion@agadea.org

Mandar xustificante a formacion@agadea.org

Calquera dúbida, consúltanos en formacion@agadea.org

O prazo de inscrición está aberto ata o 24 de abril de 2025

 

Para inscribirse é necesario cubrir o FORMULARIO DE INSCRICIÓN (pulsa aquí

formacion@agadea.org

Teléfonos: 722883139