
I edición 2024
Obterás o Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (SSCSS0208)
Esta titulación oficial capacítate para traballar como coidador/a ou xerocultor/a no sector sanitario
Incorporación á BOLSA DE EMPREGO de AGADEA para contratos de Cooperación 2025
Prácticas en AGADEA
“Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucions sociais (SSCSS0208)”. Curso 2024/000785 expte. TR301R-2024/000026-0
- Requisitos nivel formativo de ESO ou equivalente (Competencias clave, nivel 2)
- Impartición do 28 de agosto ao 29 de novembro de 2024 no centro AGADEA LAB de Santiago
- 450 horas presenciais (370 horas teóricas e 80 horas prácticas)
Horario parte teórica: de 6,5 horas diarias (370 horas) de 15:00_21:30
Horario parte práctica: 8 horas diarias (80 horas)
- Prezo 1.495 € en prazos
- Inscrición ata o 18 de agosto de 2024
- Curso de iniciativa privada con acreditación oficial da Xunta de Galicia
O curso está realizado baixo ORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos (código de procedemento TR301R).
En AGADEA levamos tres décadas dedicados/as a mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer e das súas familias, ofrecendo recursos, servizos e actividades adaptadas ás necesidades de cada etapa da doenza. Unha das formas máis efectivas de cumprir esta misión é formar persoal capacitado para proporcionar coidados profesionais.
REQUISITOS PARA ACCEDER AO CURSO
Nivel formativo de ESO ou equivalente (Competencias clave, nivel 2)
DIRIXIDO
Está dirixido a aquelas persoas que queiran traballar profesionalmente como coidador/a ou xerocultor/a no sector sociosanitario.
OBXECTIVOS
No curso adquirirás a competencia para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución donde se desenvolva a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.
MÓDULOS
MF1016_2
Apoio na organización de intervencións no ambito institucional
100 horas
MF1017_2
Intervención na atención hixiénico alimentaria en institucións
70 horas
MF1018_2
Intervención na atención sociosanitaria en institucións
70 horas
MF1019_2
Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións.
130 horas
MP0029
Prácticas profesionais non laboráis de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións.
80 horas
O curso ten modalidade presencial e impartirase no centro AGADEA LAB (centro acreditado para a impartición no certificado de profesionalidade), Rúa Rosalía de Castro, nº 138 Santiago de Compostela
Unha vez superado o curso (asistencia ao 75% das horas de cada módulo e aptitude nas avaliacións), expedirase o Diploma da Xunta de Galicia que permite a obtención do certificado de profesionalidade (SSCS0208) ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS (RD 1379/2008, de 1 de agosto, modificado polo RD 721/2011, de 20 de maio, modificado polo RD 625/2013, de 2 de agosto.)
CURSO COMPLETO 1.495 €
Posibilidade de realizar o pago en 3 prazos:
- O primeiro pago de 499€ antes do 18 de agosto de 2024
- O segundo pago de 498€ antes do 03 de octubre de 2024
- O terceiro pago de 498€ antes do 03 de novembro de 2024
OPCIÓNS DE PAGO:
- Podes pagar por TRANSFERENCIA. Nº de conta: ES07 2080 0378 5730 4000 5297
No concepto do ingreso debes indicar o teu nome con apelidos e a continuación “Curso SSCS0208” (exemplo María Castro, Curso SSCS0208) e enviar o xustificante a formacion@agadea.org
- A través de Paypal ou tarxeta: https://www.agadea.org/doazons/
E enviar o xustificante a formacion@agadea.org
Calquera dúbida, consúltanos en formacion@agadea.org (722883139)
- Infórmate en: formacion@agadea.org
- Teléfono ou washapp: 722 883 139
