Ciclo de charlas 'Alzheimer e outras demencias' en Val do Dubra

8/11/2019

Ao longo do mes de novembro e decembro AGADEA xunto coa Federación Alzhéimer Galicia e o concello de Val do Dubra, organizan o ciclo de charlas gratuito ‘A enfermidade de Alzheimer e outras demencias’ pertencente ao programa Xuntos nos Coidados.  

Entre os obxectivos do ciclo está o de mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares e cidadáns en xeral. Os mesmo tempo profesionais na materia explicarán os síntomas que orixinan a demencia e finalmente informarán sobre os posibles tratamentos e terapias existentes.

A primeira das charlas terá lugar o mércores 27 de novembro de 17.00 a 20.00 horas e será impartida por Juan Manuel Pias Peleteiro, facultativo especialista en Neuroloxía da EOXI de Santiago baixo o título A enfermidade de Alzheimer e outras demencias. 

Un día despois, o xoves 28, a psicóloga de Agadea, Alba Felpete disertará sobre As Terapias non Farmacolóxicas, de 18.00 a 20.00 horas.

Finalizarase a semana coa charla Como Comunicarse co persoa con demencia, por Alba Felpete, das 18.00 ás 20.00 horas

Xa no mes de decembro, concretamente o día 12, de novo a psicóloga Alba Felpete pronunciará una nova charla, baixo o título Coidando ao coidador, tamén de 18.00 a 20.00 horas

A avogada Mercedes Blanco de la Torre pechará este ciclo en Val do Dubra o venres 13 de decembro con Aspectos xurídicos e legais en persoas con demencia, de 18.00 a 20.00 horas

 

Para asistir  é preciso INSCRIBIRSE cubrindo este FORMULARIO:  

 PREME AQUÍ

ou chamando ao teléfono 647 589 725

 

 

Imaxes

  • Ciclo de charlas 'Alzheimer e outras demencias' en Val do Dubra

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar