AGADEA convoca á cidadanía da Estrada a camiñar polo Alzheimer

29/8/2019

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), que este ano celebra o seu 25 aniversario, promove a III Andaina solidaria Os Camiños da Memoria incluíndo actividades para todos os públicos, como contacontos, música e teatro.

O obxectivo deste evento é o de sensibilizar á poboación sobre as demencias, así como dar a coñecer o labor de AGADEA no concello da Estrada. Precisamente, no mes de marzo deste ano,  AGADEA abriu o Centro de día de Persoas Maiores da Estrada e tamén conta cun Servizo de Estimulación Terapéutica. Ademais a entidade leva os seus programas de Envellecemento Activo e Escola de Familias a diferentes pobos do concello. 

AGADEA organiza por terceiro ano consecutivo esta andaina que xa se converteu nunha cita imprescindible para os/as estradense. Pódense inscribir nela ata 250 persoas. Na inscrición realizase unha aportación voluntaria de 5 euros que se dedicarán integramente a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias da asociación.  Habilitáranse dúas rutas coa finalidade de que se anoten persoas de todas as idades, dende cativos a persoas maiores.  Una ruta ten un percorrido de 4 quilómetros e outra de 8 quilómetros. 

Ademais, queremos que a Praza do Concello, dende onde vai partir a andaina se converta nun lugar de convivencia. Para iso contamos coa colaboración da Asociación OCionautas e Barafunda Teatro. Tamén haberá un sorteo de produtos doados por diferentes comercios da zona, que ano tras ano apoian a esta iniciativa e reparto de camisetas entre todos os participantes.

ANDAINA SOLIDARIA OS CAMIÑOS DA MEMORIA

DÍA – 14 de setembro

HORA DE SAÍDA: 18.30

RECOLLIDA DE CAMISETAS: 18.00

LUGAR: Praza do concello da Estrada

INCRICIÓN SOLIDARIA: 5 euros

INSCRICIÓN: presencial no Centro de día da Estrada (Novo Mercado. Primeira planta)

Por telf/ whatsapp: 651 981 863

On line. Premer neste enlace:  https://bit.ly/2Pio97V

Para máis información: cddiaaestrada@agadea.org

Na foto, de esquerda a dereita, Sonia Castro, responsable do Centro de Día de Persoas Maiores da Estrada, a presidenta de Agadea Alzheimer, Isabel Gey, a concelleira de Servizos Sociais da Estrada, Amalia Goldar e o representante de SendeRuta

Foto: Lili

 

Imaxes

  • AGADEA convoca á cidadanía da Estrada a camiñar polo Alzheimer
  • AGADEA convoca á cidadanía da Estrada a camiñar polo Alzheimer

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar