AGADEA LAB ofrece tres cursos gratuítos do Plan AFD 2026/2027 para adquirir novas competencias profesionais en sectores vinculados aos coidados, á teleasistencia e á docencia da Formación Profesional.
As formacións impartiranse presencialmente en Santiago de Compostela e permitirán obter unha acreditación oficial da Xunta de Galicia, ademais de incluír un período de formación práctica en empresas.
Co inicio dos cursos cada vez máis próximo e as prazas limitadas, AGADEA anima as persoas interesadas a realizar a súa inscrición canto antes.
Formulario de inscrición nos cursos AFD 2026/2027
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Esta formación prepara o alumnado para atender persoas dependentes en institucións sociais, prestándolles apoio no desenvolvemento das actividades da vida diaria e contribuíndo ao seu benestar, autonomía e calidade de vida.
- 538 horas presenciais, incluídas 113 horas de formación en empresa.
- Inicio: 23 de setembro.
- Horario: de 15:30 a 20:30 horas.
Habilitación para a docencia en graos A, B e C do Sistema de Formación Profesional
O curso permite adquirir as competencias necesarias para programar, impartir e avaliar accións formativas dentro do Sistema de Formación Profesional.
- 458 horas presenciais, incluídas 105 horas de formación en empresa.
- Inicio: 21 de setembro.
- Horario: de mañá, de 9:30 a 14:30 horas.
Xestión de chamadas de teleasistencia
Esta formación capacita para recibir, emitir e xestionar chamadas de teleasistencia, atendendo as necesidades das persoas usuarias e mobilizando os recursos necesarios en función de cada situación.
- 388 horas presenciais, incluídas 80 horas de formación en empresa.
- Inicio: 21 de setembro.
- Horario: de mañá, de 9:30 a 14:30 horas.
Formación gratuíta, oficial e con prácticas
Esta oferta formativa proporciona diferentes vantaxes para as persoas participantes:
- Cursos completamente gratuítos.
- Obtención dun certificado de profesionalidade e diploma oficial da Xunta de Galicia.
- Formación presencial en AGADEA LAB, en Santiago de Compostela.
- Realización dun período de formación práctica en empresas.
- Posibilidade de acceder a unha bolsa de asistencia e desprazamento, de acordo cos requisitos establecidos.
- Formación vinculada a sectores con oportunidades laborais.
- Horarios de mañá ou de tarde, segundo o curso.
Para participar é necesario ter activa a demanda de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e cumprir os requisitos formativos de acceso correspondentes.
Inscrición
As persoas interesadas poden cubrir o seguinte formulario para solicitar a súa participación:
Formulario de inscrición nos cursos AFD 2026/2027
As prazas son limitadas, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes.
Para solicitar máis información:
📞 722 883 139
📧 formacion@agadea.org
📍 AGADEA LAB – Santiago de Compostela



