AGADEA celebra nas próximas semanas dúas novas edicións de “Os Camiños da Memoria”: o 28 de agosto en Ribeira e o 18 de setembro na Estrada. Dúas citas solidarias para camiñar pola memoria e dar o pistoletazo de saída ás actividades arredor do Mes do Alzhéimer.

As dúas andainas comparten un mesmo obxectivo: visibilizar e apoiar ás persoas con alzhéimer e outras demencias, ás súas familias e ás persoas coidadoras, reunindo á comunidade nunha xornada de convivencia e sensibilización.

En ambas citas, o dorsal solidario custa 7 € e os menores de 12 anos participan gratis. A recollida de camisetas comezará ás 18:30 h.

💜 Ribeira | 28 de agosto

A X Andaina Solidaria “Os Camiños da Memoria” sairá ás 20:00 h do Parque García Bayón, cun percorrido de 8 km e unha tarde que contará tamén con música, photocall e fotomatón.

👉 INSCRICIÓN ANDAINA DE RIBEIRA

Tamén é posible informarse e inscribirse presencialmente na mesa informativa da Avenida do Malecón de Ribeira, fronte á farmacia: de 11:30 a 13:00 h polas mañás e de 17:00 a 18:15 h os luns, mércores e venres. Máis información: 672 70 50 53.

💜 A Estrada | 18 de setembro

A IX Andaina Teatralizada “Os Camiños da Memoria” partirá ás 19:00 h da Praza do Novo Mercado. A principal particularidade desta edición será o seu carácter teatralizado, ademais de contar con música en directo, avituallamento e photocall.

👉 INSCRICIÓN ANDAINA DA ESTRADA

Máis información: 693 92 94 33.