AGADEA participou o pasado venres 27 de marzo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela no encontro Facendo máis Rede 2026, promovido pola Rede Eusumo, un espazo de referencia para o impulso da economía social en Galicia. Durante a xornada, puxéronse en común iniciativas, experiencias e liñas de traballo orientadas a reforzar a cooperación entre entidades, así como a fomentar o emprendemento e o emprego no ámbito da economía social.

A Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia, conta con máis de 115 entidades adheridas e ten permitido a creación de arredor de 270 iniciativas que xeraron máis de 540 empregos directos, ademais de desenvolver máis de 2.000 actividades formativas e informativas con preto de 39.000 persoas participantes .

A entidade forma parte activa desta rede, na que desenvolve distintas accións orientadas á formación, sensibilización e impulso do modelo de coidados desde a economía social. Neste marco, AGADEA organizou e participou en diversas iniciativas formativas, que permitiron achegar á cidadanía e aos profesionais novas perspectivas sobre o papel da economía social no ámbito dos coidados

A participación neste encontro reforza o papel de AGADEA como entidade comprometida cun modelo de coidados máis humano, colaborativo e sostible, no que a economía social se consolida como unha ferramenta clave para o desenvolvemento territorial e a mellora da calidade de vida das persoas.

Logo adicional