As persoas usuarias do Centro Terapéutico de AGADEA en A Estrada realizaron unha saída ao aire libre dentro do proxecto SAÍDAS SEGURAS NO AIRE LIBRE, financiado pola Deputación de Pontevedra a través do programa +Inclusiva.
Grazas ao uso de dispositivos de localización, foi posible garantir a seguridade das persoas participantes durante toda a actividade. Ademais, o material de apoio e fisioterapia contribuíu a mellorar o seu confort e benestar en todo momento.
Esta iniciativa marca o inicio dunha nova etapa nas actividades exteriores de AGADEA en A Estrada, permitindo realizar saídas con maior tranquilidade para profesionais, familias e persoas usuarias, avanzando cara a unha sociedade máis segura, accesible e +Inclusiva.







