O musical solidario Non estamos tolas, interpretado polo alumnado do grupo de teatro Mimarte, converteuse nun éxito de público e solidariedade no Auditorio de Galicia este sábado, 24 de xaneiro, celebrándose nunha noite memorable de humor, música e compromiso social organizada por AGADEA Alzhéimer.
O espectáculo levou ao escenario o espírito provocador e festivo do cabaret de aldea, nun ambiente cheo de enerxía. onde máis de 200 persoas enchéronse do lema e da creatividade da obra, que segue a liña de propostas culturais con impacto social promovidas pola asociación,. A resposta do público foi notable tanto pola afluencia de asistentes como pola súa resposta na Fila 0 (BIZUM 13360). Os fondos recadados destinaranse aos proxectos e programas de AGADEA en 2026, co obxectivo de ampliar os recursos de acompañamento, estimulación cognitiva e atención integral ás persoas con demencias e as súas familias.
“Foi unha noite emocionante. Ver o Auditorio tan cheo e tan comprometido coa nosa causa é unha mostra clara de que a cultura solidaria ten un espazo especial na vida de Galicia”, sinalou Isabel Gey, presidenta de AGADEA.
Agradecementos
AGADEA quere agradecer públicamente ao elenco de artistas de Mimarte polo espectáculo, a Tania Fuegho polo seu compromiso con AGADEA; ao Concello de Compostela e Compostela Cultura pola cesión do espazo; a Santiago en Vivo, Supermercados GADIS e a Federación Galega de Comercio polo seu poio desinteresado, que fixo posible esta iniciativa solidaria.





















































