Durante o mes de febreiro, MFB Fashion Boutique e AGADEA Alzhéimer son as entidades protagonistas da campaña “12 Comercios – 12 Sensibilidades”, unha iniciativa promovida polo Departamento de Comercio do Concello de Santiago que busca visibilizar causas sociais a través do tecido comercial local.
Durante todo o mes, poderase visitar a exposición fotográfica “AGADEA no día a día” no local de MFB Fashion Boutique, situado na Rúa do Xeneral Pardiñas, 3, Bajo 5. A exposición amosa imaxes reais do traballo terapéutico e social da entidade.
A través destas actividades, AGADEA busca achegar o seu labor á cidadanía e poñer en valor a importancia do coidado, a memoria e a participación social das persoas con demencia e as súas familias.
“Queremos sacar a memoria dos centros e levala ás rúas, aos comercios, á vida cotiá. A demencia tamén se combate con vínculo, con cultura e con presenza social”, afirma Isabel Gey, presidenta da entidade.
A campaña “12 Comercios – 12 Sensibilidades” mestura economía circular, comercio de proximidade e compromiso social, tecendo pontes entre o día a día da cidade e as realidades máis invisibilizadas.
📍 Podes seguir a campaña nas redes sociais co hashtag #12comercios12sensibilidadesSCQ



