Desde AGADEA abrimos o prazo de inscrición para unha nova programación de cursos gratuítos presenciais do Plan AFD 2026–2027, dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, con acreditación oficial da Xunta de Galicia.
Esta oferta formativa, que se desenvolverá no Centro AGADEA LAB (Santiago de Compostela), inclúe certificados de profesionalidade en ámbitos clave do sector sociosanitario, comunitario e da formación, con posibilidade de bolsas de asistencia e desprazamento.
📚 Cursos dispoñibles
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0209)
▸ 528 horas presenciais
▸ Marzo – Xullo | Horario: 15:30–20:30
▸ Setembro 2026 – Xaneiro 2027 | Horario: 15:30–20:30
▸ Nivel formativo 2
Xestión de chamadas de teleasistencia (SSCG0111)
▸ 388 horas presenciais
▸ Marzo – Xuño | Horario: 9:30–14:30
▸ Nivel formativo 2
Dinamización comunitaria (SSCB0109)
▸ 688 horas presenciais
▸ Setembro 2026 – Marzo 2027 | Horario: 9:30–14:30
▸ Nivel formativo 3
Habilitación para a docencia en graos A, B e C do sistema de formación profesional (SSCE0110)
▸ 458 horas presenciais
▸ Marzo – Xullo | Horario: 9:30–14:30
▸Nivel formativo 3
ℹ️ Requisitos
-
Preferencia persoas en situación de desemprego
-
Niveles formativos
Nivel 2: ESO ou equivalente
Nivel 3: Bachelerato
📝 Inscrición
As persoas interesadas poden reservar a súa praza a través do seguinte formulario:
👉 https://forms.gle/S3AndY3XthMgu7Kp6
📍 Lugar de impartición: AGADEA LAB
📞 Máis información: 722 883 139 | ✉️ formacion@agadea.org
Posts relacionados
diciembre 17, 2025
AGADEA converte o comercio local en protagonista do Nadal solidario con máis de 100 establecementos implicados
A entidade repartiu pequenas casas artesanais e elementos decorativos feitos…



