Desde AGADEA queremos expresar o noso agradecemento á Deputación de Pontevedra polo apoio brindado a través do programa +Inclusiva, que fai posible o desenvolvemento do proxecto SAÍDAS SEGURAS NO AIRE LIBRE.

Este proxecto ten como obxectivo a implementación de dispositivos tecnolóxicos de localización e material de rehabilitación e fisioterapia, empregados nas actividades realizadas no exterior, co fin de que as persoas usuarias se sintan máis seguras, cómodas e acompañadas nunha contorna máis accesible e inclusiva.

Grazas a esta colaboración, avanzamos cara a unha atención centrada na persoa e cara a unha sociedade máis segura e +Inclusiva.