En AGADEA xa temos habilitado o Bizum para doazóns, unha forma rápida, sinxela e segura de colaborar coa nosa entidade desde o teu móbil.
👉 Código Bizum AGADEA: 13360
Para realizar correctamente a doazón, lembra marcar a opción “Facer doazón” dentro da túa aplicación bancaria antes de introducir o código.
Coa túa achega axúdasnos a seguir desenvolvendo programas de apoio ás persoas con alzhéimer e ás súas familias, así como actividades de sensibilización, prevención e acompañamento.
💚 Cada xesto conta. Grazas por colaborar con AGADEA.



