AGADEA segue avanzando no desenvolvemento do programa ‘Coidando na Igualdade’ durante el periodo 2025 – 2026, consolidando as sesións formativas dirixidas a mulleres coidadoras no ámbito rural.

Ao longo destas semanas, o equipo profesional de AGADEA continúa a traballar xunto ás participantes en distintos encontros nos que se ofrecen ferramentas prácticas orientadas ao coidado da persoa coidadora, promovendo o seu benestar físico e emocional.

Estas sesións tamén abordan contidos clave para o día a día, facilitando coñecementos e estratexias que poden aplicar no coidado de familiares con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, contribuíndo a mellorar a calidade da atención e a reducir a sobrecarga asociada aos coidados.

Ademais, os espazos grupais seguen a favorecer o intercambio de experiencias entre as participantes, fortalecendo redes de apoio e xerando un entorno de confianza no que compartir vivencias, dúbidas e aprendizaxes.

Con esta continuidade, AGADEA reafirma o seu compromiso co acompañamento ás mulleres coidadoras, avanzando cara a un modelo de coidados máis sostible, humano e baseado na corresponsabilidade.