O proxecto Un Camiño de Lembranzas: Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, desenvolvido por AGADEA ALZHÉIMER ao longo do 2025, levou ás aulas de Ribeira unha proposta innovadora que uniu persoas maiores con Alzheimer ou outras demencias e alumnado de educación primaria para transmitir o valor natural, cultural e histórico das Illas Atlánticas de Galicia.

Esta iniciativa forma parte da convocatoria da Xunta de Galicia dirixida a actividades de sensibilización e divulgación na área de influencia do Parque Nacional.


Un proxecto que une xeracións a través da natureza

A través de dinámicas participativas e xogos tradicionais adaptados, AGADEA promoveu encontros interxeracionais en catro centros educativos do Barbanza:

  • CEIP Heroínas de Sálvora (Aguiño)

  • CEIP Plurilingüe de Palmeira (dúas xornadas)

  • Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras

Nestas sesións, maiores e nenos e nenas compartiron experiencias, coñecementos e lembranzas vinculadas ás Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, reforzando a aprendizaxe ambiental e poñendo en valor a memoria e o papel das persoas maiores na transmisión de patrimonio.