Máis dunha quincena de persoas participaron onte na presentación da Guía de apoio ás persoas coidadoras no Liceo de Rianxo, unha iniciativa impulsada por AGADEA Alzheimer que busca ofrecer orientación, recursos e acompañamento ás persoas que coidan de familiares con demencia.
O acto contou coa presenza do alcalde da localidade, D. Julián Bustelo, e da concelleira de Servizos Sociais, Dª Ana Vidal, que destacaron o compromiso do Concello coa mellora da calidade de vida das persoas maiores e coidadoras.
Durante a xornada, vivíronse momentos especialmente emotivos, como o testemuño de Lola Fungueiriño, usuaria do servizo de estimulación terapéutica municipal, que compartiu en primeira persoa os beneficios de participar neste programa e o valor do acompañamento profesional.
A difusión da guía continuará nas próximas semanas, coa seguinte presentación prevista no Concello de Porto do Son.
📘 Pódese consultar e descargar a guía completa en: 👉 https://agadea.org/guia/




