O Concello de Ribeira acollerá o vindeiro venres 5 de setembro ás 19:30 h no Merendeiro de Coroso o Bingo Solidario “Recorda e Gaña”, unha iniciativa organizada por AGADEA Alzheimer para recadar fondos e sensibilizar sobre a enfermidade, no marco do Mes do Alzhéimer (21 de setembro – Día Mundial)
Na rolda de prensa de presentación, celebrada o luns 1 de setembro no Concello, estiveron presentes Tania Redondo, concelleira delegada de Medio Rural e Servizos Municipais do Concello de Ribeira, Vanesa Tubío, coordinadora da área do Barbanza de AGADEA e Tania Fuegho, da asociación Mimarte e presentadora do evento.
O Bingo Solidario contará coa colaboración de numerosas entidades locais e incluirá música en directo, photocall, premios, sorpresas e un pincho solidario amenizado por Lau Panicanela 🎶.
🌟 Detalles do evento:
-
📅 Venres 5 de setembro
-
🕢 19:30 h
-
📍 Merendeiro de Coroso, Ribeira
-
🎤 Presentan: Tania Fuegho e Emilio Guillín
🎟 Cartón solidario: 5 €
📍 Puntos de venda anticipada:
-
Centro de Día de Ribeira (Rúa Cardenal Cisneros, 1)
-
Centro de Estimulación Terapéutica (Av. do Malecón, 22)
-
Bar Restaurante “O Paseo” (Praia de Coroso)
-
Posto de AGADEA na Rúa Peonil (xunto á Farmacia Sanmamed)
Horario: 10:00–14:30 h e 15:30–18:30 h (de luns a venres, ata o 5 de setembro).
Reserva o teu cartón aquí
📞 Máis información: 691 93 32 49 | 634 31 46 23
Cada cartón que merques é un paso máis para apoiar ás persoas con demencia e ás súas familias.




