Con motivo do Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro), dende AGADEA saímos á rúa para concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre esta enfermidade que afecta a milleiros de familias en Galicia.

📍 O venres19 de setembro, instalaremos mesas informativas en distintos puntos de Santiago de Compostela, A Estrada e Ribeira, co obxectivo de achegar a realidade das persoas que conviven co alzhéimer e outras demencias, resolver dúbidas e ofrecer recursos de apoio ás persoas coidadoras e ás familias, ademais de visibilizar a importancia da investigación e da solidariedade da cidadanía.

🕒 Localizacións e horarios en Santiago (A Estrada e Ribeira, pendentes de confirmación de localizacións e horarios):

  • Mercado de Abastos → 10:00 h – 14:00 h /

  • Praza do Toural → 10:00 h – 13:00 h / 16:00 h – 19:00 h

  • Praza Roxa → 10:00 h – 13:00 h / 16:00 h – 19:00 h

  • Hospital Clínico Universitario de Santiago → 10:00 h – 14:00 h

  • Domingo 21 de setembro: Igrexa de San Fernando (Ensanche) horario pendente de confirmación

Convidamos a toda a veciñanza a achegarse, participar e deixar o seu apoio neste día tan significativo.

📲 Se queres colaborar como voluntario/a en Santiago e axudarnos nas mesas, podes inscribirte a través deste formulario 👉 Formulario de inscrición