En AGADEA entendemos a formación como unha peza clave para avanzar cara a uns coidados de calidade, sostibles e centrados nas persoas. Por iso, nosa programación formativa combina especialización profesional, capacitación práctica e actividades abertas á cidadanía.
A nosa oferta abrangue unha ampla variedade de campos: desde a atención sociosanitaria e a teleasistencia ata a economía dos coidados, o cooperativismo, as novas tecnoloxías aplicadas ao sector ou a aprendizaxe de primeiros auxilios. Todo isto cun obxectivo común: mellorar a vida das persoas maiores e con demencias, apoiar ás familias e reforzar as competencias de profesionais e coidadores/as.
As nosas accións formativas están avaladas pola Rede Eusumo, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Sergas) e o Plan AFD de formación para o emprego, o que garante a súa calidade, actualidade e recoñecemento oficial.
Charlas, obradoiros, talleres prácticos e cursos profesionais conforman un itinerario flexible e diverso, pensado para quen desexa ampliar coñecementos, mellorar a súa empregabilidade ou simplemente achegarse a novas ferramentas para o coidado e o benestar.
Aquí podes consultar a programación completa, con actividades que se prolongan ata abril de 2026:
🔹 Charlas (Rede Eusumo)
Coidar e emprender: O cooperativismo como alternativa sustentable nos coidados
📅 7 de outubro 2025 – 17:00 a 19:00 h
📍 AGADEA LAB, Santiago de Compostela
👩🏫 Ponente: Sabrina Neiro Rey
🔗 Formulario de inscrición: https://forms.gle/4btZt9V4DmtyxGqb6
Economía dos coidados e benestar social: O impacto da economía social
📅 21 de outubro 2025 – 17:00 a 19:00 h
📍 AGADEA LAB, Santiago de Compostela
👩🏫 Ponente: Sabrina Neiro Rey
🔗 Formulario de inscrición: https://forms.gle/kMeNQtEimhgkyDQD8

🔹 Capacitación práctica (Rede Eusumo)
Capacitación en novas tecnoloxías aplicadas ao coidado (Teleformación)
📅 Do 9 ao 29 de outubro 2025
👩⚕️ Impartido por ENVITA
🔗 Formulario de inscrición: https://forms.gle/Y1BsaJEaHHyt3Zur5

🔹 Talleres e obradoiros (Escola Galega de Saúde para Cidadáns – SERGAS)
Pautas de actuación ante urxencias no domicilio en coidados de longa duración
📅 2 de outubro 2025 – 17:00 a 19:00 h
📍 AGADEA LAB, Santiago de Compostela
👩⚕️ Impartido por Rosa María Marín Fernández, técnica en emerxencias sanitarias
📲 Inscrición vía WhatsApp no 722 883 139
Coñecendo a disfagia. Atención a usuarios con problemas de deglutición
📅 17 de outubro 2025 – Centro Terapéutico de Rianxo
📅 6 de novembro 2025 – Centro de Día de Ribeira
👩⚕️ Impartido por Mary Carrillo, logopeda
📲 Inscrición vía WhatsApp no 722 883 139
🔹 Cursos profesionais (PLAN AFD)
Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
📅 Do 27 de outubro de 2025 ao 8 de abril de 2026
⏰ Horario: 15:30 – 20:30 h
📍 Santiago de Compostela
🔗 Formulario de inscrición: https://forms.gle/7FAx2P5VbU9BPFz28
Curso de Xestión de chamadas de teleasistencia (Plan AFD)
📅 Do 27 de outubro de 2025 ao 23 de febreiro de 2026
⏰ Horario: 9:30 – 14:30 h
📍 Santiago de Compostela
🔗 Formulario de inscrición: https://forms.gle/zN7JMfuHJuw1R1mT8
👉 Estas actividades están enmarcadas nos programas da Rede Eusumo (Xunta de Galicia, Ministerio de Traballo e SEPE), da Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Sergas) e do Plan AFD de formación para o emprego.
📩 Para máis información: formacion@agadea.org | ☎️ 722 883 139



