A Praza Martínez Anido / Novo Mercado converterase o vindeiro venres 12 de setembro ás 19:00 horas no escenario do bingo solidario “Recorda e Gaña”, organizado por AGADEA Alzheimer no marco do proxecto EUSUMO, co obxectivo de recadar fondos e dar visibilidade á loita contra o alzhéimer.
A actividade terá un carácter aberto e participativo, con entrada libre, e contará con diversas sorpresas e espectáculos que animarán a tarde. O prezo do cartón será de 5 euros, e tamén se ofrecerá un pincho solidario por 2 euros.
Puntos de venda anticipada de cartóns:
- Centro de AGADEA A Estrada 9.00-20.00
- 10 de setembro → Novo Mercado (10:30 – 12:30)
- 12 de setembro → Novo Mercado (10:30 – 12:30)
CLICK AQUÍ PARA RESERVA DE CARTÓNS
Ademais, o evento contará coa colaboración dun amplo tecido de establecementos e entidades locais, que fan posible a súa organización e premios.
Con este tipo de iniciativas, AGADEA busca sensibilizar á sociedade sobre o impacto do alzhéimer, ao tempo que promove espazos comunitarios de encontro e solidariedade.
📌 Data: 12 de setembro de 2025
📍 Lugar: Praza Martínez Anido / Novo Mercado, A Estrada
🕖 Hora: 19:00
🎟 Cartón: 5 €
🥪 Pincho solidario: 2 €
📞 Máis información:
AGADEA Alzheimer – 693 929 433






