O vindeiro mércores 17 de setembro ás 11:00 horas, celebrarase no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela o Acto de Entrega do IV Premio Simbad, organizado por AGADEA Alzhéimer coa colaboración da Xunta de Galicia.
O Premio Simbad recoñece cada ano a mellor obra de literatura infantil vinculada á memoria e ao alzhéimer. Durante o acto darase a coñecer a obra gañadora desta cuarta edición, que será presentada publicamente e da que se lerá un fragmento.
A xornada contará coa participación contará coa participación de Valentín García, secretario xeral da Lingua, Francisco Castro, escritor e presidente do xurado e Isabel Gey, presidenta de AGADEA, xunto con máis representantes do ámbito cultural. Ademais, ofrecerase a actuación artística do proxecto SanArte, que poñerá o broche musical a un acto pensado para lembrar, crear e compartir.
📅 17 de setembro de 2025
🕚 11:00 h
📍 Biblioteca Ánxel Casal – Santiago de Compostela
👉 A entrada é libre ata completar aforo.




