O venres 12 de setembro vivimos unha tarde inesquecible en A Estrada co noso Bingo Solidario polo Alzheimer, enmarcado nas actividades do Día Mundial do Alzheimer 🧠💜.
Queremos agradecer de corazón a todas as persoas que vos achegastes a compartir connosco este encontro de xogo, memoria e solidariedade. Un agradecemento moi especial a todo o comercio local que colaborou, ao voluntariado e ao Concello da Estrada polo seu apoio para facer posible este evento. 🙌
Entre todas e todos seguimos dando pasos para dar visibilidade á enfermidade, apoiar ás familias e impulsar novos proxectos a prol das persoas con Alzheimer.
💚 Porque cada cartón xogou pola memoria, e cada aplauso foi tamén unha lembranza.


















