O noso Bingo Solidario non tería sido posible sen o apoio, a colaboración e o cariño de tantas persoas e entidades que fixeron deste día unha xornada inesquecible. 💜
En primeiro lugar, ao Concello de Ribeira, por todas as facilidades para facer realidade este evento.
Un agradecemento moi especial a Tania Fuegho, da Asociación Mimarte, e a Emilio Guillín, por darlle voz, alma e alegría ao bingo e conseguir que o público participara con tanta enerxía.
Tamén a Servizos Sociais do Concello de Ribeira, por facilitarnos o escenario e o son, e a Ángel, de Musieventos, por acompañarnos sempre e apoiar cada evento que organizamos.
O noso agradecemento ao Bar Restaurante “O Paseo”, por cedernos parte das súas instalacións, e a Pescados e Mariscos “Da Lonxa ao Prato” polas sardiñas frescas e saborosísimas que fixeron as delicias de todos. Non nos esquecemos da Panadería D’Muiño, que puxo ese pan tan fresco que as acompañou á perfección.
Unha mención especial para Lau Panicanela, que puxo o broche final ao evento coa súa voz. E, por suposto, as nosas desculpas por alongar tanto o bingo… ¡pero a noite colleunos celebrando! 🎶
Queremos dar as grazas tamén a Arigraf, pola impresión dos cartóns a última hora, sempre dispostos a botarnos unha man, e a Coste Cero, pola doazón dos lápices para que todo o mundo puidera seguir o ritmo do xogo.
A Gasolineira Cepsa de Ribeira, pola súa doazón económica para a compra dos materiais de decoración, que nos axudou a facer deste día algo verdadeiramente especial.
Á Asociación de Empresarios de Ribeira, pola súa labor de divulgación entre o comercio asociado e pola súa contribución cos vales de desconto. E, por suposto, ao comercio local que fixo do bingo unha experiencia única grazas á súa xenerosidade:
- General Óptica
- Montse, Clínica Podolóxica
- A Poutada
- Pillados
- Ermi Cadaval
- Pizzería La Tana
- Confitería Dominga
- Restaurante Golimbreo
- Maana
💜 Grazas de corazón a cada persoa que colaborou, participou e nos acompañou. Sen vós, isto non sería posible. Xuntos conseguimos que o noso bingo fose un auténtico éxito e, sobre todo, que fose un día cheo de sorrisos, emocións e recordos para gardar sempre.












































































































































































































