Santiago de Compostela convertouse esta semana no epicentro do debate global arredor da demencia coa celebración do Simposio Internacional Walking the Talk for Dementia, un encontro que reúne a profesionais, investigadores/as, entidades sociais e familias chegados de máis de 30 países.
O simposio, que se celebra no Hotel San Francisco, ofrece un programa de alto nivel con ponencias, mesas redondas e espazos de diálogo centrados nos avances científicos, retos asistenciais e boas prácticas no ámbito da demencia.
AGADEA Alzheimer participa no Simposio cun equipo de arredor de 20 profesionais especialistas en alzhéimer, demencias e outras enfermidades neurodexenerativas, así como no acompañamento das persoas que viven con elas e das súas familias e persoas coidadoras.
Entre as intervencións, salientan as achegas de Taida Sánchez, neuropsicóloga clínica de AGADEA, e Lucía Fandiño, traballadora social e coordinadora do Área de Santiago de Compostela da entidade. A súa presenza neste evento internacional pon en valor a experiencia acumulada de máis de 30 anos de traballo de AGADEA na atención, prevención e sensibilización arredor da demencia en Galicia.
Este simposio enmárcase dentro da iniciativa internacional Walking the Talk for Dementia, que combina a experiencia transformadora do Camiño de Santiago cun espazo de reflexión científica e social.
A participación de máis de 200 persoas subliña a dimensión internacional deste encontro, que quere situar Santiago como referente na loita contra as demencias e no compromiso coa memoria da man de AGADEA.
Taida Sánchez, neuropsicóloga de AGADEA, será una de las voces locales que participa en el simposio, compartiendo su experiencia sobre el terreno con personas afectadas por alzhéimer y otras enfermedades neurodegenerativas, así como con las personas cuidadoras y sus familias.




