En setembro, AGADEA organiza dúas citas moi especiais para desfrutar, compartir e colaborar na mellora da vida das persoas con alzhéimer e das súas familias.
Celebraremos o noso Bingo Solidario «Recorda e Gaña», unha actividade divertida e chea de momentos para lembrar, na que poderás xogar co noso Cartón do Recordo, especialmente deseñado para unir xogo e memoria.
📅 Ribeira: Venres 5 de setembro ás 19:30h no merendeiro da Praia de Coroso
📅 A Estrada: Venres 12 de setembro ás 19:00 h na Praza de Martínez Anido, xunto ao Novo Mercado
Haberá premios para as persoas gañadoras, música, ambientación festiva e un espazo para coñecer máis sobre o traballo que realizamos en AGADEA. Toda a recadación irá destinada a apoiar os programas de atención, estimulación e apoio a familias de persoas con demencia.
💜 Por que participar?
-
Colaboras directamente cos nosos proxectos.
-
Pasas un momento divertido en boa compañía.
-
Axudas a dar visibilidade ao Alzheimer e á importancia da memoria compartida.
🎟 Prezo do cartón: 5€ (+2€ cun pincho solidario para gozar durante o evento).
RESERVA DE CARTÓNS (RIBEIRA)
RESERVA DE CARTÓNS (A ESTRADA)
📲 Síguenos nas nosas redes sociais para coñecer máis detalles e ver as imaxes dos eventos. Para máis información, podes contactar con nós a través de comunicacion@agadea.org
✨ Xoga, lembra e gaña!






