O xoves 28 de agosto de 2025, ás 11:00 h, AGADEA unirase á andaina internacional Walking the Talk for Dementia, un percorrido simbólico de 5 km dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, cunha dificultade baixa e un ambiente cheo de solidariedade, amizade e compromiso pola memoria.
Esta iniciativa é unha oportunidade para visibilizar a demencia, apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias, e compartir unha xornada saudable e inclusiva.
🚍 Transporte gratuíto
Se queres participar pero non tes medio para desprazarte, poñemos á túa disposición autobuses gratuítos desde:
📍 A Estrada ➡️ Anótate aquí
📍 Ribeira ➡️ Anótate aquí
📍 Santiago ➡️ Anótate aquí
Só precisas indicar o teu nome completo e o punto de saída para reservar praza.
💜 Anímate a camiñar con nós por un futuro con máis memoria!




