Continuamos desenvolvendo o programa Rehabilitación Integral para as Persoas con Alzhéimer, financiado pola Consellería de Sanidade, que leva a atención directa aos concellos de Trazo, Vedra, Cuntis, A Estrada e Santiago de Compostela (zona rural).

As sesións realizadas nestes meses permitiron mellorar a autonomía, o benestar e a conexión social das persoas participantes, ao tempo que se ofrece apoio e orientación ás súas familias e contornas máis próximas.

Desde AGADEA, continuamos traballando por unha rede de coidados máis próxima, humana e equitativa.