AGADEA, coa colaboración da Fundación Gozalbo Marqués, desenvolveu o Taller de Arte Terapéutico dirixido a persoas usuarias e ás súas familias, que finaliza este mes de xullo.
O obradoiro converteuse nun lugar de encontro creativo no que pinceis, cores e formas abriron camiños para a comunicación, a memoria e o benestar emocional. Familiares e persoas participantes viviron a arte como unha experiencia compartida, reforzando lazos e xerando lembranzas positivas.




