Chegamos ao final do programa Arte Vivo: Envellecemento Activo a través da Interpretación Artística, promovido pola Fundación “la Caixa”, e non podemos máis que facer un balance moi positivo.

Durante estes meses, con Tania Fuegho como guía, as persoas participantes tiveron a oportunidade de traballar desde unha perspectiva distinta á habitual, explorando o teatro como ferramenta de estimulación e de crecemento persoal.

Os logros máis destacados deste programa foron:

  • Aumento da creatividade e a capacidade de improvisación.

  • Mellora das habilidades sociais e do traballo en equipo.

  • Potenciación da autoestima e da confianza en si mesmas.

  • Fortalecemento da memoria, a atención e a expresión verbal.

O principal obxectivo foi o de fomentar a creatividade, a expresión persoal e o traballo en equipo, ofrecendo un espazo no que risa, emocións e lembranzas se entrelazaron.

En AGADEA sentimos orgullo de formar parte deste proxecto innovador que une terapia, arte e comunidade, contribuíndo a unha vida máis activa, digna e chea de sentido.