Este mes de xullo chegou tamén ao seu fin o Taller de Estimulación Cognitiva con Realidad Virtual Inmersiva, financiado pola Fundación Gozalbo Marqués.

A actividade achegou ás persoas usuarias unha experiencia innovadora que combina tecnoloxía e coidados. A través da realidade virtual, puideron estimular a memoria, mellorar a atención e experimentar viaxes inmersivas a novos espazos e recordos.

Con esta iniciativa, reforzamos o compromiso de AGADEA pola innovación aplicada aos coidados, sempre poñendo no centro ás persoas.