Os grupos de Envellecemento Activo de AGADEA deron por rematado o curso 2024-25 con moita emoción e gratitude. Durante os últimos días de actividade, celebramos despedidas especiais nos diferentes concellos e parroquias onde se desenvolve o programa, con merendas compartidas, cafés ao aire libre e moitas conversas que amosan o valor da convivencia, o apoio mutuo e o envellecemento positivo.
En cada grupo entregáronse tamén os «deberes de verán», para seguir coidando da mente e da saúde emocional durante os meses de descanso. Foi un momento para agradecer o compromiso das persoas participantes e o traballo das nosas monitoras e terapeutas, que fan posible esta rede de coidados no rural e nos barrios.
📸 Aquí podes ver unha pequena mostra fotográfica dalgúns dos encontros. Grazas a todas as persoas que fixestes deste curso unha experiencia tan enriquecedora!























