O Centro de Saúde de Noia, AGADEA ALZHÉIMER acolleu a presentación da Guía de apoio ás persoas coidadoras, unha ferramenta práctica e accesible que busca acompañar a quen coida desde a empatía, o coñecemento e a experiencia acumulada da entidade.
Na xornada participaron profesionais do centro: persoal médico de atención primaria, enfermaría, traballo social e outras especialidades, nun espazo de encontro que puxo en valor o papel fundamental das persoas coidadoras, tanto no eido familiar como no profesional.
A guía, elaborada por un equipo interdisciplinar de AGADEA, recolle recomendacións prácticas, estratexias de autocoidado, claves para a comunicación e o manexo de situacións complexas derivadas das demencias, así como recursos e dereitos que as persoas coidadoras deben coñecer.
Desde AGADEA destacouse a importancia de continuar fortalecendo os vínculos co persoal sanitario da comarca do Barbanza, favorecendo a coordinación e a sensibilización arredor das demencias e do apoio necesario ás persoas que coidan.
A guía está dispoñible de balde en formato dixital: https://agadea.org/guia/
Tamén pode solicitarse en formato físico a través das canles de contacto da asociación.



