Seguimos avanzando co programa Arte Vivo: Envellecemento Activo a través da Interpretación Artística, financiado pola Fundación “la Caixa”. Esta iniciativa continúa demostrando que a arte é unha ferramenta terapéutica de gran valor, que conecta corpo e mente.

Nesta segunda fase, o traballo con Tania Fuegho centrouse en combinar a estimulación motora coa cognitiva, a través de dinámicas nas que o corpo e a palabra se entrelazan. A música, o movemento e o xogo escénico pasaron a ter un papel protagonista, logrando que cada sesión se convertese nun espazo de aprendizaxe compartido e de mellora integral da saúde.

Ademais de reforzar a atención, a memoria e a coordinación, tamén se traballou a confianza persoal e o traballo en equipo, creando un ambiente de cooperación entre todas as persoas participantes.

Este enfoque innovador enmárcase dentro da filosofía de AGADEA: ofrecer terapias que non só prevén o deterioro, senón que tamén melloran a calidade de vida a través de experiencias positivas, motivadoras e creativas.