AGADEA pon en marcha o programa Rehabilitación Integral para as Persoas con Alzhéimer, financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, cun obxectivo claro: achegar servizos especializados de estimulación e apoio ás persoas con demencia que viven en contornos rurais.
Esta iniciativa abrangue os concellos de Trazo, Vedra, Cuntis, A Estrada e Santiago de Compostela (zona rural), reforzando o compromiso de AGADEA coa igualdade de oportunidades e o acceso á atención especializada independentemente do lugar de residencia.
O programa inclúe actividades terapéuticas, estimulación cognitiva, apoio emocional e acompañamento ás familias, promovendo o envellecemento activo e a calidade de vida no medio rural.




