No marco do apoio da Fundación Gozalbo-Marqués, AGADEA puxo en marcha este mes de abril unha nova iniciativa que combina saúde física e estimulación cognitiva: as Rutas Saudables: Memoria e Benestar.
Durante esta actividade, as persoas participantes realizan camiñadas moderadas polos entornos das nosas cidades e vilas, adaptadas ás súas capacidades, co obxectivo de mellorar a mobilidade, o equilibrio e a saúde cardiovascular. Ao tempo, a ruta inclúe dinámicas que activan funcións cognitivas como a memoria, a atención e a orientación espacial, empregando elementos do contorno urbano e natural como estímulos significativos.
O programa desenvolverase con unha camiñada mensual entre abril e xuño, e inclúe ademais espazos de socialización e conversación para fortalecer o benestar emocional e o sentimento de pertenza.
Esta acción realízase grazas ao apoio da Fundación Gozalbo-Marqués, que aposta unha vez máis pola saúde integral das persoas maiores. Grazas por camiñar con nós!




