O programa Arte Vivo, impulsado pola Fundación “la Caixa” dentro do marco do Programa Todos 2024, fixo posible que en AGADEA poidamos desenvolver actividades terapéuticas centradas na estimulación cognitiva e emocional a través do teatro 🎭.

Neste primeiro bloque de sesións, da man de Tania Fuegho, exploramos a capacidade expresiva das persoas participantes, xerando espazos nos que a imaxinación, a memoria e as emocións conviven de forma activa.

Os obxectivos principais desta etapa foron:

  • Potenciar a creatividade como ferramenta de prevención do deterioro cognitivo.

  • Favorecer a expresión persoal e o benestar emocional.

  • Estimular a memoria, a atención e as capacidades comunicativas nun entorno lúdico.

Deste xeito, o teatro convértese nunha canle de motivación e de conexión, ofrecendo ás persoas usuarias unha experiencia enriquecedora que lles axuda a reforzar as súas habilidades de comunicación e a manter unha vida activa.