
Este mes de febreiro deu comezo o Taller de Teatro Terapéutico Interxeracional, unha proposta pioneira na que persoas maiores con Alzhéimer ou outras demencias comparten escena con nenos e nenas de educación primaria de Santiago de Compostela.
A través de dinámicas teatrais adaptadas, os participantes traballan a memoria, a expresión emocional e a creatividade, nun ambiente de respecto e aprendizaxe mutuo.
Durante seis meses, desenvolverán escenas propias que culminarán nunha representación aberta ao público, fortalecendo os vínculos comunitarios e xeracionais.
Esta actividade enmárcase na III Convocatoria de Axudas da Fundación Gozalbo-Marques.




