
No mes de febreiro iniciamos o Taller de Arte Terapéutico para persoas con demencia e as súas familias, unha experiencia creativa que busca reforzar os vínculos afectivos a través da expresión artística.
Cada dúas semanas, usuarios e familiares participan en sesións de pintura, manualidades e arte reciclado, fomentando a comunicación, a estimulación cognitiva e a socialización. O proxecto rematará cunha exposición aberta á comunidade, onde se mostrarán as obras creadas ao longo do taller.
Un espazo para crear, conectar e compartir.




