Este programa ten como obxectivo estimular cognitivamente ás persoas participantes, fomentar a súa autonomía e favorecer o envellecemento saudable, a través de actividades variadas que combinan exercicios de memoria, estimulación sensorial, lectura, escritura, actividades manuais e dinámicas grupais.

Ademais de previr o deterioro cognitivo, buscamos crear espazos de socialización e benestar emocional, nos que cada persoa se sinta acompañada e parte activa da comunidade.

Con este proxecto, que conta coa colaboración do Concello de Santiago, reforzamos o noso compromiso de mellorar a calidade de vida das persoas maiores e sensibilizar á sociedade sobre a importancia de coidar a memoria día a día.