No mes de xaneiro, AGADEA puxo en marcha un ano máis na Estrada o servizo de estimulación terapéutica, dirixido a persoas con deterioro cognitivo, demencias e outras patoloxías neurodexenerativas.

Este programa, apoiado pola Deputación de Pontevedra, ten como finalidade manter e reforzar as capacidades cognitivas, funcionais e sociais das persoas usuarias, así como fomentar a súa autonomía, autoestima e participación activa na vida do centro.

Ao longo das sesións trabállanse áreas como:

  • memoria, atención e orientación

  • linguaxe e comunicación

  • cálculo e funcións executivas

  • habilidades sociais e emocionais

Todo isto mediante actividades adaptadas, dinámicas grupais, materiais específicos e intervencións individualizadas, desenvolvidas por profesionais especializados.

Este servizo non só repercute directamente no benestar das persoas usuarias, senón que tamén supón un importante apoio para as familias, ofrecendo acompañamento, orientación e espazos de confianza.

Un ano máis, o respaldo da Deputación de Pontevedra fai posible que AGADEA continúe ofrecendo recursos terapéuticos de calidade no territorio.