O ano 2025 arrinca con forza para o programa ‘Coidando na Igualdade’, que segue medrando e consolidándose nos concellos de Santiago, Vedra, Trazo, A Estrada e Cuntis.

O acompañamento a mulleres coidadoras en zonas rurais continúa sendo o eixo central desta proposta de AGADEA, que busca crear redes de apoio mutuo e ferramentas prácticas para afrontar os retos do coidado.

Nesta nova fase, o programa reforza as sesións de grupo e os espazos de descompresión emocional, con actividades de estimulación cognitiva e técnicas de relaxación.

As participantes destacan a importancia de atopar un espazo seguro no que compartir experiencias e sentir recoñecemento.