Un ano máis, AGADEA abre a súa Escola de Familias na localidade de Ribeira. Trátase dun programa dirixido pola psicóloga da asociación que busca aportar coñecementos útiles e aplicables na vida cotiá dos familiares que conviven cunha persoa afectada. As sesións están orientadas a abordar dous dos principais problemas que nos achegan as persoas coidadoras: problemas de comunicación e o manexo dos trastornos de conduta.

Vaise levar a cabo no Centro de Día de Alzheimer de Ribeira os últimos xoves de mes de 17 a 18:30h. Xa están abertas as inscricións.

Teléfono de consultas:  672 705 053

Ademais, as persoas coidadoras tamén contarán con servizo de formación, no que se formarán a través de faladoiros con persoal especializado.