Representantes de países como Irlanda, Italia e Croacia díronse cita hoxe en Santiago para avanzar no proxecto ElabHause.rur, un laboratorio de economía social para a Nova Bauhaus no rural europeo.
Que é a Nova Bauhaus? É un movemento de intercambio de coñecementos co que a Comisión Europea busca repensar os nosos estilos de vida e mellorar a calidade de vida dos pobos dende o punto de vista da accesibilidade, a inclusión e a sustentabilidade.
Neste contexto, AGADEA foi convidada a participar na xuntanza para expoñer o seu modelo de inclusión social levado a cabo conxuntamente co concello de Vedra.
A psicóloga de AGADEA, Taida Sánchez, acompañada da presidenta, expuxo o impacto que os programas de estimulación terapeútica e Envellecemento Activo teñen da vida das persoas deste concello.
A xornada alongouse á tarde continuando con dinámicas de intercambio, nas que tamén participan entidades galegas como a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca, como fin de crear lugares, produtos e modos de vida bellos, sostibles e inclusivos.
Máis información: https://www.concellodevedra.es/gl/content/elabhause

Posts relacionados
febrero 20, 2025
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día de Rosalía con creatividade
O Premio Simbad de Literatura Infantil: unha oportunidade para celebrar o Día…
febrero 19, 2025
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as emocións» destacan o impacto positivo nas persoas maiores
As entidades sociais adheridas ao programa de Afundación «Coñecendo as…
febrero 6, 2025
A IV edición do premio ‘SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER’ convida á cativada a reflexionar sobre o alzhéimer e outras demencias
O secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, acompañado da…



